Bao (BNG de Lugo) pide aos críticos asumir resultados e enarborar o lema "Todos para un e un para todos"

LUGO, 10 Feb. (EUROPA PRESS) -

   O responsable comarcal do BNG en Lugo, Antón Bao, pediu este venres aos críticos coa liña política saída da asemblea que asuman os resultados e instou a que "todos" acollan o lema que popularizou Alejandro Dumas nos 'tres Mosqueteiros': "Todos para un e un para todos". "E deixémonos desta sempre lambéndonos as feridas", apostilou.

   "Eu vexo que o que debemos ter claro os demócratas e despois do exercicio de democracia que fixemos no BNG, é acatar o resultado deste proceso democrático", sinalou, para advertir de que "unha derrota nun proceso así non pode supoñer a quebra do proxecto no que estás".

   Finalmente, o tamén tenente de alcalde do Concello de Lugo, onde gobernan coaligados cos socialistas, fixo un chamamento "a traballar politicamente polo proxecto que necesita este país". "Existe país mentres hai BNG, pero hai BNG mentres existe país, e é o que está en xogo neste momento", concluíu.

El vídeo comenzará después de 21 segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
El CICR confirma que las FARC liberarán al periodista galo el miércoles Nuevo disco de Bon Jovi a principios de 2013 Hesjedal remonta a 'Purito' y gana el Giro

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.