Besteiro insiste en que non pactará "de ningún modo" co PP

Besteiro, secretario xeral del PSdeG
Foto: EUROPA PRESS
Actualizado: sábado, 20 diciembre 2014 15:25

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 20 Dic. (EUROPA PRESS) -

   O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, demandou os militantes do seu partido "apoio" para os candidatos socialistas elixidos en primarias para competir polos concellos galegos nas eleccións municipais de maio de 2015. "Pídovos todo o voso apoio", solicitou.

   Esta petición, realizada este sábado no Comité Nacional do PSdeG, prodúcese despois das primarias nas que foron escollidos os candidatos socialistas, nos concellos galegos con máis de 20.000 habitantes, para os próximos comicios municipais; así como despois das primarias nas que Julio Sancristán foi elixido como o novo secretario provincial do PSOE coruñés.

   E é que o pasado sábado, no congreso provincial extraodinario do PSOE coruñés, o resultado da votación da executiva --que foi elixida co 62 por cento dos votos emitidos polos delegados-- mostrou a ruptura dos socialistas coruñeses, toda vez que Sacristán non logrou a integración de quen foi o seu rival nas primarias, o alcalde de Oroso, Manuel Mirás. Así mesmo, escenificouse a ruptura do pacto co ámbito do rexedor de Ares, Julio Igrexas, quen non logrou os avais suficientes para presentarse ás primarias.

   Tamén en clave electoral, Besteiro garantiu que non pactará "de ningún modo" co PPdeG. "Quero deixar moi claro que non imos pactar co PP", asegurou, xusto antes de facer fincapé en que PP e PSOE son "auga e aceite".

   E é que, para o secretario xeral dos socialistas galegos, a "mingua de dereitos" que os populares "exercen sobre a cidadanía" se corresponde coa "mingua de competencias" que "queren levar remato" cos "concellos". "Nós cremos nos concellos porque creemos nos seus veciños", remarcou.

   Tamén de cara ás eleccións, Besteiro avanzou que os socialistas galegos, durante o ano 2015, deseñarán un "Plan de reindustrialización e crecemento económico" dos "sectores produtivos de Galicia".