José Ramón Gómez Besteiro y José Luis Méndez
Foto: EUROPA PRESS
Actualizado: miércoles, 22 octubre 2014 20:29

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 22 Oct. (EUROPA PRESS) -

   O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, xulgou este mércores "absolutamente rexeitable" e "desprezable" o suposto carreteo de votos efectuado por dirixentes e integrantes do PP de Lugo con "persoas que non sabían nin a onde ían".

   Sen querer "prexulgar" o resultado da acción xudicial, pois por ese caso concreto están imputados catro membros do PP, Besteiro sinalou que el "non querería esa imaxe" de persoas trasladando anciáns con sobres pechados a votar por parte de militantes socialistas.

   "É unha práctica absolutamente deplorable, non xa politicamente, senón humanamente", sostivo o líder do PSdeG ao ser preguntado ao respecto en rolda de prensa. "Creo que ninguén o pode aceptar", engadiu.

   Así as cousas, xulgou que esa actuación "di algo" do PP, ao igual que a súa "falta de resposta". "Faría ben en repensar qué comportamento debe aplicar os seus representantes por unha política absolutamente desprezable", sentenciou, en alusión a José Luis Iravedra, expresidente do PP lucense e agora membro do consello de administración de CRTVG.