Blanco dá instrucións a Autoestradas do Atlántico S.A. para "corrixir" topónimos castelanizados de sinais en Galicia

Actualizado: miércoles, 9 junio 2010 21:24

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 9 Jun. (EUROPA PRESS) -

O ministro de Fomento, José Blanco, deu instrucións á concesionaria Autoestradas do Atlántico S.A. e ás unidades provinciais de estradas de Lugo e A Coruña, para que leven a cabo as "correccións necesarias" na toponimia presente na sinalización vertical. Segundo denunciou A Mesa pola Normalización Lingüística, uns 114 dos devanditos indicadores incluían formas "castelanizadas" ou nas que se "exclúe o idioma galego".

Blanco remitiu unha carta o presidente da entidade, Carlos Callón, na que atribúe as "deficiencias" á "antigüidade" de "grande cantidade dos sinais existentes" nas estradas. Deste modo, enmarca a devandita actuación ao cumprimento da norma 8.3.I-C, que "establece a sinalización mediante pictogramas ou bilingüe na cartelería para os nomes comúns" dos indicadores.

Así, Blanco comprometeuse a emendar as deficiencias "baseándose na programación económica vixente e á dispoñibilidade presupostaria actual".

"Como galego, entendo e comparto de cheo o anhelo de manter viva a nosa lingua, que é ao cabo o elemento de referencia que nos une a todos os galegos", sinala Blanco no seu escrito, tras eloxiar "o traballo de promoción e divulgación" do galego que realiza A Mesa.

Ante esta decisión e tras agradecer a súa resposta, a asociación solicitou ao ministro de Fomento "prazos concretos e realistas para introducir o galego" na sinalización, tras recordar que se trata de "cumprir con ao lexislación que data dos inicios da autonomía".

A Mesa procederá a remitir a lista de indicadores que presentan deficiencias e que se atopan na autovía A-6, a autoestrada A-9, a N-VI e na N-634.