O BNG cree que a dimisión de Mato chega "tarde, mal e a grades" porque a súa situación era "insostible"

Olaia Fernández Davila
CONGRESO
Actualizado: miércoles, 26 noviembre 2014 21:28

MADRID, 26 Nov. (EUROPA PRESS) -

A voceira do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no Congreso, Olaia Fernández Davila, cree que a dimisión da ministra de Sanidade, Ana Mato, chega "tarde, mal e a grades", xa que se tiña que producir hai ano e medio, cando apareceu vinculada por primeira vez á trama Gürtel, e reprochou ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy, a súa "pasividade e inacción" durante todos estes meses.

Así o sinalou a deputada galega a través dun comunicado, pouco despois de que se coñecese a decisión da dirixente 'popular' de deixar o seu cargo á fronte do Ministerio de Sanidade pola decisión do xuíz da Audiencia Nacional Pablo Ruz propuxera xulgala como partícipe a título lucrativo das actividades da trama Gürtel.

"A dimisión de Mato chega tarde, mal e a rastro, e prodúcese forzada por un auto dun xuíz cando tiña que dimitir fai xa máis dun ano, en febreiro de 2013, cando aparecía involucrada no caso de corrupción de Gürtel," opina Fernández Davila, para quen a situación da xa exministra foi "insostible" durante estes meses.

Por iso, carga tamén contra a "pasividade" e a "inacción" de Rajoy, que decidiu mantela no cargo, e sinala que é "evidente" que o presidente non podía acudir ao Congreso dos Deputados este xoves, cando o Pleno celebra unha sesión sobre rexeneración democrática, tendo aínda a Mato á fronte do Ministerio.