BNG denuncia "coaccións" aos profesores para non acudir ao paro de mañá e augura un "clamor" contra o "decretazo"

Erixe a camelia como símbolo do galego e asegura que, ao igual que a flor, esta lingua "florecerá" este inverno

Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 20 enero 2010 14:36

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 20 Ene. (EUROPA PRESS) -

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) denunciou hoxe "coaccións" para que os profesores chamados a secundar mañá a folga contra o decreto de bases para o plurilingüismo no ensino non secunden o paro nin acudan á manifestación que se celebrará en Santiago de Compostela e na que o voceiro nacional da formación, Guillerme Vázquez, augura un "clamor" contra o "decretazo" presentado pola Xunta.

Así, os nacionalistas reprobaron que a Consellería de Educación enviase un "resumo" das bases do futuro decreto, o cal a deputada Carme Adán tildou de "interesado e ideolóxico", por coincidir cos días previos ao paro no ensino obrigatorio e por concentrar "nuns parágrafos" os 13 folios dos que consta o decreto.

Para a parlamentaria responsable da área de Educación, a consellería está a tratar de "minar" o dereito de ir á folga dos profesores, pero advertiu de que a comunidade educativa "será capaz de defender o galego". "Xa que tanto lles gusta falar de liberdade, que en liberdade deixen aprender e sentirse orgullos do galego,", proclamou.

Neste contexto, o voceiro nacional do BNG prognosticou, para mañá, unha "clamor social en defensa do país" nunha manifestación "masiva" na que esperou que o Goberno galego "oia" á sociedade galega "en contra do decretazo" e o "retire". "Que dea marcha atrás", exhortou.

Así, invitoulle a "reconsiderar" a súa postura ao respecto da política lingüística e volva aos consensos de 2004, ano en que se aprobou o plan de normalización lingüística co que -- recordou -- "o PP estaba de acordo". "Agora rompe o consenso por un interese miserable electoral para obter non sei qué réditos políticos", reflexionou, para advertir de que os que provocaron "o conflito non son os que defenden o idioma".

"Nós queremos galego, queremos galego, amamos o noso idioma e non nos dá vergoña expresarnos na nosa lingua", rezou, e denunciou que se trate de "radicais" a aqueles que defenden a lingua propia. "Que retire o decreto", implorou.

Nesa liña mostrouse tamén o deputado do BNG responsable de Lingua, Bieito Lobeira, quen concluíu que "todo o país é extremista" por defender o anterior decreto, xa que "o PP "acusara" diso na anterior lexislatura, recordou o parlamentario.

"Nós estamos convencidos de que temos un pobo extraordinario que foi capaz de repoñerse contra o Prestige e que agora dará unha lección maxistral", manifestou Lobeira, quen subliñou que "Galicia só poderá ter futuro se defende o propio".

CAMELIA, SÍMBOLO DO GALEGO

Así, os nacionalistas erixiron a camelia en símbolo do galego para asegurar que, ao igual que esta flor resiste as inclemencias do inverno e florece en distinta época da maioría das plantas, a lingua fará o mesmo.

"Igual que a camelia florece en inverno, tamén o galego florecerá este inverno, e o ensino de calidade", recitou Carme Adán ao inicio da súa intervención na rolda de prensa, que estivo precedida da repartición desta flor entre os asistentes, como símbolo do galego.

"Estamos absolutamente convencidos de que a pesar das condicións adversas do PP contra os símbolos, o pobo galego tamén alimentará o noso idioma, como a terra alimenta a camelia en inverno," dixo no seu discurso, pola súa banda, o voceiro nacional do BNG.

Contenido patrocinado