O BNG lamenta a morte de Guerreiro e di que Galicia "perde un dos máis grandes referentes da esquerda"

Actualizado: jueves, 18 julio 2013 13:53

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 18 Jul. (EUROPA PRESS) -

O BNG lamentou este xoves a morte do político Anxo Guerreiro e afirmou que Galicia "perde un dos máis grandes e importantes referentes da esquerda nas últimas décadas".

Nun comunicado, o Bloque lamentou o falecemento de 'Geluco' e trasmitiu familia, compañeiros de traballo e amigos de Anxo Guerreiro as súas condolencias.

En palabras do voceiro do Grupo Parlamentario do BNG, Francisco Jorquera, "hoxe é un día triste para Galicia coa perda dun compañeiro de traballo político que sempre loitou polas liberdades e a xustiza social".

Guerreiro, deputado na primeira lexislatura do Parlamento galego, formou parte da Comisión redactora do Estatuto de Autonomía cunha dilatada traxectoria política ao servizo da esquerda e de Galicia.