O BNG pide ao ministerio que negocie o traspaso dos fondos artísticos de Novagalicia Banco á Xunta

Actualizado: jueves, 28 marzo 2013 14:23

MADRID, 28 Mar. (EUROPA PRESS) -

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) pide ao Ministerio de Economía que negocie coa Xunta de Galicia para que se lle poidan traspasar os fondos artísticos propiedade de Novagalicia Banco, tras a nacionalización da entidade por parte do Fondo de Reestruturación ordenada Bancaria (FROB) que levará consigo a venda da entidade nun período máximo de cinco anos.

Esta venda podería levar consigo consigo que o "rico patrimonio artístico" dos fondos da entidade a outro organismo privado, o que non garantiría nin o seu mantemento en Vigo, onde se atopa actualmente, nin a posibilidade de acceso público.

Por iso, os nacionalistas galegos presentaron unha proposición non de lei para o seu debate na Comisión de Economía do Congreso, a través da cal piden ao Goberno que, como responsables do FROB que actualmente é o que "posúe a capacidade de actuación necesaria" sobre esta cuestión", abra un diálogo coa Xunta para traspasarlle os devanditos fondos artísticos.

O PARLAMENTO GALEGO APROBOU UNHA INICIATIVA

No texto da proposta, que recolle Europa Press, o BNG recorda tamén que o Parlamento galego aprobou unha iniciativa instando á Xunta a "promover que as coleccións de arte de Caixanova e Caixa Galicia poñan a disposición do patrimonio público galego a través da cesión, a adquisición ou calquera outra figura prevista na lexislación autonómica".

Así mesmo, esixíase "o mantemento da colección que está en Vigo, promovendo a súa conservación e acceso o público, tanto a través das sedes expositiva actuais como a través de exposicións itinerantes, e destinando un espazo nalgún dos edificios da Cidade da Cultura para difundir este patrimonio artístico galego".

Por iso, o BNG aproveita tamén para preguntar ao Executivo se recibiu noticias do Goberno galego para abrir unha negociación sobre este asunto, tal e como lle ha mandatado o Parlamento autonómico.

Finalmente, recordan que os fondos das antigas caixas galegas constitúen "unha das coleccións de arte máis relevantes do Estado" e se contan entre "o máis destacado en arte moderna e contemporáneo de Galicia, tanto no ámbito pictórico coma no gravado e na escultura. E todo grazas a "uns beneficios conseguidos a base dos aforros dos galegos".