O BNG pide unha "harmonización fiscal" na UE que evite prácticas para eludir impostos "como a de Inditex"

 , Ana Miranda
EUROPA PRESS/BNG
Actualizado: jueves, 8 diciembre 2016 14:13

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 8 Dic. (EUROPA PRESS) -

A voceiro do BNG en Bruxelas, Ana Miranda, considerou necesario que "se harmonicen os sistemas fiscais" da Unión Europea para "evitar prácticas de elusión fiscal" como a denunciada este xoves polo grupo dos Verdes-ALE na eurocámara sobre Inditex.

Así pronunciouse a dirixente nacionalista en declaracións a Europa Press tras coñecerse un informe elaborado polos Verdes-ALE, no que acusan ao grupo téxtil galego de eludir o pagamento de preto de 600 millóns de euros en impostos nos últimos cinco anos entre 2011 e 2014 grazas ao deseño dunha enxeñaría fiscal "agresiva".

"Nel próbase que houbo unha elusión fiscal de impostos de 585 millóns de euros, en concreto, en Irlanda, nos Países Baixos e en Suiza, sinalou Ana Miranda, que explicou que esta elusión se realiza a través de "empresas subsidiarias que empregan mecanismos de enxeñaría financeira".

Por iso, para a dirixente nacionalista, o documento presentado este xoves "demostra que se crean unha serie de estruturas para ter vantaxes e non pagar impostos onde tiñan que pagalos, neste caso onde teñen a empresa matriz, no Estado español".

Por iso, a voceiro do BNG en Bruxelas considerou a "falta dunha harmonización fiscal a nivel da Unión Europea pon en evidencia que se estea a permitir que este tipo de macroempresas poidan eludir".

"Para nós é fundamental que haxa transparencia por ser unha empresa galego e queremos que comparezan sobre este tema inmediatamente", resolveu a dirixente do BNG, formación que integrará o seu escano en 2018 no grupo dos Verdes/ALE.