O BNG pide á Xunta que "rectifique" e "convoque oposicións" no ensino público

La Diputada Del BNG, Carme Adán
Foto: PARLAMENTO

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 4 Feb. (EUROPA PRESS) -

   A voceiro de educación do BNG, Carme Adán, pediu á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que "rectifique" e "convoque oposicións" en 2012 para o ensino público galego.

   Así o demandou nunha iniciativa parlamentaria na que a deputada nacionalista criticou a decisión do departamento que dirixe Jesús Vázquez de non convocar oposicións de profesorado en 2012, "sen respectar o 10 por cento da taxa de reposición que reflicte a lei".

   Nesta liña, denunciou que a esta decisión "hai que sumar" unha "importante redución" nos presupostos de Galicia para 2012 que "implica a eliminación de máis de 700 postos de profesorado" en ensino público".

   Segundo considerou Carme Adán, "a calidade da educación ten unha relación directa coa inversión en recursos humanos", feito polo cal, segundo indicou, "a Consellería de Educación debería saber que é necesario ampliar os actuais cadros de persoal para garantir a calidade da educación e resolver as dificultades de aprendizaxe".

SITUACIÓN "CRÍTICA"

   A parlamentaria nacionalista criticou tamén que, tras reducir "máis de 300 profesores no curso 2010-2011 e case 700 en 2011-2012", agora a Administración galega "decide non convocar oposicións, colocando profesores e alumnos nunha situación crítica".

   Ante estas cuestións, acusou Educación de "non asumir o compromiso coa calidade educativa" e advertiu que "as últimas medidas da consellería redundarán no fracaso escolar".

El vídeo comenzará después de 21 segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
El CICR confirma que las FARC liberarán al periodista galo el miércoles Nuevo disco de Bon Jovi a principios de 2013 Hesjedal remonta a 'Purito' y gana el Giro

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.