O BNG propón 'Construir Galiza con ilusión' para "abrir un tempo novo"

El BNG presenta el lema y el contenido de la campaña
EUROPA PRESS
Actualizado: lunes, 29 agosto 2016 13:50

Entre as propostas audiovisuais, a organización presentará un vídeo no que se resumirá "un día na vida de Ana Pontón"

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 29 Ago. (EUROPA PRESS) -

'Construír Galiza con ilusión, Galiza contigo' será o lema do BNG para as próximas eleccións autonómicas galegas, fixadas para o próximo 25 de setembro. A seis días do inicio oficial da campaña, o grupo nacionalista anunciou os seus eixes centrais para "abrir un tempo novo".

A coordinadora de campaña, Goretti Sanmartín, e o encargado de Comunicación, Rubén Cela, presentaron este luns o deseño e o contido da carreira cara á Presidencia da Xunta, para a que o partido se centraráse na "proximidade e en dar a coñecer as propostas", co que non se conformarán con "derrotar a Feijóo", segundo explicaron.

En concreto, a organización realizará "centos de actos públicos" por toda a Comunidade galega, xa que, segundo asegurou Rubén Cela, o BNG "gaña moito nas distancias curtas". Neste sentido, planificarán "cafés para cinco" nos que os candidatos se reunirán coa xente para tratar diferentes temas de interese.

Por outra banda, dentro desta intención de dar "proximidade" á campaña, a organización fará un uso "referencial" das redes sociais, onde se colgarán vídeos para dar a coñecer "no persoal e político" a candidata a presidir a Xunta, Ana Pontón. Como exemplo anunciaron un proxecto audiovisual no que se resumirá "un día na vida de Ana Pontón".

PROPOSTAS

Respecto ás propostas introducidas polo partido, o encargado de comunicación sinalou que o actual presidente da Administración galega, Alberto Núñez Feijóo, deixa "un país empobrecido e desgaleguizado", para o que o BNG xa avanzou unha batería de propostas.

Segundo detallou Cela, os candidatos reuniranse cos diferentes grupos para "garantir os dereitos e o benestar" de todos. "Derrotar a Feijóo é unha condición necesaria, pero non suficiente", agregou Cela.

En relación aos debates electorais, o BNG definiu como "positivo" o encontro programado entre os cinco principais candidatos. Non obstante, indicou que "é insuficiente" e espera que se produzan máis encontros entre os candidatos territoriais.

Goretti Sanmartín engadiu que os eixes principais da campaña de "porta en porta" serán demostrar que "Galicia ten futuro" e que se pode construír "un tempo novo". Así mesmo, recordou que "detrás das propostas hai rostros", tras o que mostrou os diferentes carteis deseñados.

ENQUISAS

Ao ser preguntado polas últimas enquisas publicadas sobre os resultados dos comicios, Rubén Cela destacou que "non son fotos fixas" e que a campaña "vai ter o seu efecto" no electorado. "Calquera cambio pasa polo BNG, non estamos aquí só para modificar as caras do goberno", subliñou.

Ademais, denunciou que os galegos deben ser "donos dos seus propios impostos", polo que apuntou que "hai que blindar o benestar para superar o marco actual". Por iso, recordou que as leis hai que cumprilas pero "non poden ser cosés".