O BNG quere que Feijóo se "opoña" ao rescate das radiais de Madrid

Xavier Vence, portavoz nacional del BNG, en rueda de prensa
Foto: EUROPA PRESS
Actualizado: lunes, 15 septiembre 2014 14:52
av2" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

Xavier Vence esixe un "debate global" sobre o modelo das infraestruturas, que pide que volvan á xestión pública

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 15 Sep. (EUROPA PRESS) -

   O voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, esixiu ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que se "opoña" ao rescate das autoestradas radiais de Madrid con "fondos públicos" do conxunto dos españois, xa que, incidiu, Galicia "ten os seus propios problemas" e sofre un "trato discriminatorio" nese sentido.

   Neste sentido, reclamou que a titularidad da AP-9 pase a mans da Comunidade galega unha vez que se rescate por parte do Estado, posto que, recordou, foi o Goberno de José María Aznar o que prorrogou a concesión da vía ata o ano 2046 nunha decisión "totalmente despropositada". Dela, desmarcouse a ministra de Fomento, Ana Pastor, na súa última visita a Galicia.

   Xavier Vence debuxou o escenario en que se negocia o rescate das autoestradas radiais de Madrid, para as que se estima un volume de 4.600 millóns, a metade do presuposto da Comunidade galega. Ademais, mentres esta negociación se leva a cabo no marco do Estado, en Galicia, as concesionarias das vías altas capacidade galegas esixen maiores compensacións á Xunta pola caída de tráfico.

   "Pedimos a Feijóo que teña a valentía de dicir que os galegos non podemos sufragar as autovías dos madrileños. Temos os nosos problemas. Que se opoña ao rescate con fondos públicos", aseverou Xavier Vence.

DEBATE XERAL INFRAESTRUTURAS

   O BNG acompaña esta petición dunha batería de iniciativas co fin de "paralizar o proceso" "denunciar o espolio de recursos" que, advertiu, "van dar unha vez máis recursos ás grandes concesionarias". Ademais, preguntarán ao Goberno por que "se fai ese trato" coas autoestradas da Comunidade de Madrid e "non co mesmotrato e coas autovías de peaxe sombra" das galegas.

   Tamén ao Parlamento de Galicia se levarán a cabo propostas para que se pronuncie en contra de "encher o burato" das autoestradas madrileñas. "¡ Chéganos co noso!", exclamou o líder nacionalista, quen abundou: "Xa bastante temos".

   Ademais, os nacionalistas buscan que se dea un "debate global" sobre as infraestruturas, xa que cuestionan o modelo no que as grandes empresas construtoras, que están apoiadas polos "bancos", se "lancen sen rede" e teñan "garantidos" os beneficios, ou ben polo pagamento directo dos usuarios ou a través dos "contribuíntes" cando teñen perdas.

   Así mesmo, Xavier Vence recordou que o BNG quere que o modelo de xestión "sexa público" e desconfiou de que as declaracións da Xunta este verán, co seu presidente á cabeza, sobre a problemática da AP-9 --sobre todo polos atoamentos pola falta de persoal nas cabinas-- fora unha actuación "de cara á galería ante a alarma social co encarecemento e o mal servizo que vén prestando aos usuarios" da concesionaria da autoestrada vertebradora.

   Fronte a esa situación, Xavier Vence advirte de que "non pode quedar nun paripé" e considera que Galicia "debe reclamar a competencia da xestión da infraestrutura, que é clave para articular o territorio e para reducir os custos do transporte de mercadorías e persoas".

   "Cremos que está xustificado", afirmou o voceiro nacional do Bloque, quen asegurou que cabe a posibilidade legal de transferir a vía para ofrecer un servizo "senón gratuíto, con tarifas razoables para que realmente sexa unha infraestrutura que contribúa ao desenvolvemento do país e ao benestar".