O BNG responsabiliza o PP do ERE en Caramelo tras apoiar o presentado en 2009

Europa Press Galicia
Actualizado: viernes, 24 mayo 2013 17:57

A CORUÑA 24 May. (EUROPA PRESS) -

O BNG da Coruña responsabilizou ao PP do expediente de regulación de emprego (ERE) presentado pola sinatura de moda Caramelo para 201 traballadores, pola súa "autorización" ao ERE presentado en 2009 e que afectou 237 empregados.

Nun comunicado, considera que os "culpables" desta situación son o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, "e o empresario Manuel Jove", engade.

No caso do PP, responsabilízalle "na medida en que a Xunta de Galicia segue tendo o 8% das participacións na empresa e dado que o Goberno galego lle concedeu á compañía 5 millóns de euros en axudas condicionadas ao mantemento dos postos de traballo", apunta.

Ao fío diso, incide en que esta contía se outorgou á empresa "apenas 10 meses despois de que a amiga do señor Negreira, Beatriz Mato, autorizase o ERE de 237 persoas no 2009", engade sobre a titular de Traballo.

Os nacionalistas argumentan que o último ERE "ratifica" o seu posicionamento en contra do presentado en 2009 e supón "un novo golpe" ao alcalde da Coruña, Carlos Negreira, "que nada fai por loitar contra a destrución de postos de traballo na cidade", indican.

Contenido patrocinado