O BNG suma "récord" de delegacións políticas e agarda o 25 de xullo "máis masivo"

Publicado: sábado, 22 julio 2017 15:08

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 22 Jul. (EUROPA PRESS) -

   O BNG espera que este sexa o 25 de xullo "máis masivo dos últimos anos" e xa "suma marca" de delegacións políticas e colectivos sociais que lle acompañarán nos actos que organizou, coa presenza doutras forzas nacionalistas e independentistas de España e de Europa.

   O partido ultima a celebración do Día da Patria, que terá o seu "punto álxido" na manifestación que, como cada ano, parte da Alameda de Santiago de Compostela e finaliza na Praza da Quintana coa intervención da portavoz nacional, Ana Pontón.

   Á cita acudirán: Jordi Salvador, Joan Capdevila, Xavier Eritka e Javier Castelá, por parte de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC); Albert Botran, de Candidatura d'Unitat Popular (CUP); Pep Cortell, do Bloc Nacionalista Valencià; Miquel Gallardo, de MÉS per Mallorca; e Joan Albert Pons i Bagur, de MÉS per Menorca.

   Desde o País Vasco: Jokin Bildarratz, do PNV; Jon Iñárritu, de Aralar; Pello Urízar, de Euso Alkartasuna (EA); Marian Beitiarrangoitia, de Sortu; e Josu Juaristi, de EH-Bildu.

   Asistirán, tamén, colectivos sociais como os trabaflladores de Ferroatlántica, os mariñeiros de Long Hope, de Solidaridade Galega con Pobo Saharauí ou do colectivo estudantil Erguer, entre outros.

PROGRAMA DO 'FESTIGAL'

   A programación deste ano do Festigal, cita do Día da Patria, acolle unha mesa de debate que leva o título de 'O escenario pre e pos-referendo de Catalunya para as nacións sen estado', presentado pola portavoz do BNG en Bruxelas, Ana Miranda.

   Ademais, contará coa intervención da portavoz de EH-Bildu no Congreso, Marian Beitialarrangoitia; o senador de ERC, Xavier Castelá; e Rubén Cela, en representación da dirección nacional.

   Doutra banda, Galiza Nova tamén estará presente nos actos. O seu secretario xeral, Alberte Fernández, compartirá escenario con Pontón na Praza da Quintana. Na véspera haberá unha homenaxe a Rosalía e Castelao, en Santo Domingo de Bonaval.

PALABRAS DE XAVIER CAMPOS

   O secretario de Comunicación, Xavier Campos, afirmou, nun comunicado, que este 25 de xullo servirá para "afianzar ao novo BNG que naceu nas pasadas eleccións galegas e que está plenamente consolidado".

   Ademais, engadiu que o BNG pretende converter este día en "unha gran mobilización social en contra da discriminación que soporta Galicia por parte do Estado e para reclamar un cambio de rumbo para construír un país de oportunidades".