Buscan un home de 58 anos desaparecido en Carballo (A Coruña) hai un mes

Contador
Desaparecido Carballo
GUARDIA CIVIL
Publicado 09/11/2017 14:35:20CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 9 Nov. (EUROPA PRESS) -

A Garda Civil busca un home de 58 anos de idade, veciño de Carballo (A Coruña), que desapareceu hai xusto un mes após acudir a unha cita ao centro de saúde.

Diso deu conta o Instituto Armado a través dun comunicado, no que sinalou que se trata de Ángel Anes Pallas, nacido na Laracha en 1959 e veciño de Carballo.

Segundo os datos da Benemérita, o último que se sabe deste home é que o 9 de outubro acudiu ao centro de saúde a Carballo e, a continuación, foi falar co seu xefe; e que ao día seguinte aparcou o seu vehículo nunha rúa céntrica da localidade.

Ademais, a Garda Civil apunta que non ten no seu poder documentación nin teléfonos móbiles, á vez que pide colaboración cidadá para tentar dar con el.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies