Buscan a un septuaxenario desaparecido dende a noite do mércores no Barco (Ourense)

Actualizado: jueves, 20 noviembre 2014 14:53

OURENSE, 20 Nov. (EUROPA PRESS) -

Efectivos do GES de Valdeorras, xunto a Protección, Garda Civil e Policía Local buscan a un septuaxenario que permanece desaparecido dende a noite do mércores no municipio ourensano do Barco.

Segundo informaron a Europa Press fontes policiais, a familia indicou que lle perderan a pista a este veciño de Viloira, que padece a enfermidade de Alzheimer, sobre as 23,30 horas do mércores.

O home, Francisco Arias, de 78 anos, ten un negocio de hostalaría na localidade, onde foi visto por última vez o mércores, lugar no que se lle perdeu a pista tras saír do bar.

O GES do Barco e a Garda Civil buscan ao septuaxenario, mentres que a Policía Local indicou que deu aviso por se o ven na zona da zona urbana.