Buscan por terra e mar un home de 50 anos desaparecido en Moaña (Pontevedra) dende o luns

Buscan a vecino de Moaña desaparecido.
EP/REMITIDA
Actualizado: martes, 30 septiembre 2014 17:53

PONTEVEDRA, 30 Sep. (EUROPA PRESS) -

A Garda Civil activou un dispositivo de busca por terra e mar de Alfonso Lorenzo, un home de 50 anos veciño da parroquia de Domaio, en Moaña (Pontevedra), que falta do seu domicilio dende a madrugada deste luns, cando saíu "co posto".

A familia notou a súa ausencia sobre as 7,00 horas do luns e foi a primeira hora da tarde cando a súa muller presentou a denuncia pola súa desaparición no posto da Garda Civil de Moaña.

Segundo trasladou a familia, o home adoita saír a camiñar, pero "nunca faltara desta forma". Así mesmo, como sente interese polas actividades acuáticas, o operativo de busca estase a efectuar tamén por mar.

Tal e como comunicaron a Europa Press fontes do Instituto Armado, o home non ten antecedentes por trastornos nin deficiencias psíquicas e foi visto camiñando por algúns veciños da zona na mañá da súa desaparición.

Na busca participan efectivos da Garda Civil, Protección Civil, Salvamento Marítimo e voluntarios. Ademais, está previsto que en próximas horas se incorpore ao operativo tamén un helicóptero da Benemérita.