Caballero cre que o acordo de Pymar é "o principio da recuperación do sector naval de Vigo"

Abel Caballero.
Foto: EUROPA PRESS

VIGO, 10 Feb. (EUROPA PRESS) -

   O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou como "unha gran noticia" o anuncio de que Pymar (Pequenos e Medianos Estaleiros Sociedade de Reconversión) sumarase ao convenio de acredores do estaleiro Vulcano, o que significa que a empresa non terá que ir á liquidación e poderá manter a súa actividade.

   Caballero recordou que, hai poucos días, se reuniu o Consello Social da cidade e fixo un chamamento expreso para que Pymar se sumase a ese convenio --como xa fixo anteriormente a Xunta de Galicia, e o comité de empresa do propio estaleiro--.

   "Estamos ante un primeiro paso moi importante, queremos que Vulcano teña actividade e carga de traballo. Este é o principio da recuperación do sector naval de Vigo. É unha magnífica noticia para a cidade", concluíu o rexedor olívico.

"CAMIÑO A SEGUIR"

   Pola súa banda, o voceiro do BNG, Santiago Domínguez, tamén mostrou a súa satisfacción polo acordo do consello de Pymar, e apuntou que "este é o camiño a seguir". Non obstante, recordou que "hai que seguir reclamando á UE, á Xunta e ao Goberno central que o sector naval non sexa unha moeda de cambio".

   O Grupo Municipal do PP felicitou á Xunta polas súas xestións para conseguir o acordo de Pymar, así como para habilitar un sistema de bonificación fiscal alternativo ao 'tax lease', que permita continuar a contratación de barcos. Así mesmo, criticaron o "silencio" e a "inacción" do PSOE e do alcalde, Abel Caballero, ante os problemas do sector.

El vídeo comenzará después de 21 segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
El CICR confirma que las FARC liberarán al periodista galo el miércoles Nuevo disco de Bon Jovi a principios de 2013 Hesjedal remonta a 'Purito' y gana el Giro

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.