Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 03/09/2010 17:44
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, pediu este venres ao presidente da Xunta que "reme na mesma dirección que todos" para que a cidade consiga a implantación dunha fábrica de baterías de litio para coches eléctricos por parte do consorcio Mitsubishi-Magna.
Segundo o rexedor, as manifestacións de Núñez Feijóo nas que pedía "prudencia" sobre as negociacións co consorcio e nas que afirmaba que a Xunta ten contactos confidenciais para lograr que a compañía se decante por Vigo, son un síntoma de "celos políticos" porque foi Zapatero o que defendeu os intereses da cidade na súa xira por China e Xapón.
Caballero fixo un "chamamento" para que deixe esta cuestión "fóra do debate político" porque "xa haberá tempo para protagonismos" se finalmente a factoría se instala en Plisan. "Xa poderá vir a cortar a fita se quere", ironizou.