Caballero subliña que Vigo "é a segunda institución que mellor paga" e "Coruña non aparece" na lista das mellores

Vigo Abel Pagos
EUROPA PRESS/REMITIDO
Actualizado: lunes, 26 enero 2015 14:38

VIGO, 26 Ene. (EUROPA PRESS) -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presumiu este luns de que o Concello olívico "é a segunda institución que mellor paga", segundo os datos que manexa o Ministerio de Facenda, e que "A Coruña non aparece" na lista das 15 mellores.

En declaracións aos medios, o rexedor fixo referencia a esta información (publicada este luns nun diario de tiraxe nacional) para reiterar que o de Vigo é "o segundo" Concello que paga aos seus provedores en tempo máis breve, cun período de 14,36 días por debaixo da media.

Segundo esa información, tan só o Concello de Alicante estaría por enriba de Vigo, nunha lista na que, entre os 15 mellores pagadores só hai outro municipio galego, o de Pontevedra, cun período de 12,49 días por debaixo da media.

"Estes non son datos de Abel Caballero, senón do Ministerio de Facenda, e claro que quero presumir deles", apuntou o rexedor, quen atribuíu esas cifras á "a eficacia na xestión" dos fondos públicos por parte do seu goberno.