A campaña 'Máis Vigo, Máis Vidro' para fomentar a reciclaxe leva a música e maxia ás rúas da cidade olívica

Europa Press Galicia
Actualizado: sábado, 25 mayo 2013 13:16

VIGO 25 May. (EUROPA PRESS) -

Ecovidrio, asociación sen ánimo de lucro encargada da xestión do reciclado dos residuos de envases de vidro depositados nos colectores de toda España, e o Concello vigués, presentaron este sábado a nova campaña para o fomento do reciclado de vidro na cidade, 'Máis Vigo, Máis Vidro', que levará a música e a maxia a cálela da cidade olívica para fomentar a reciclaxe.

Ao acto de presentación, segundo informa a organización, asistiron o alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, e Germán Fernández, xerente de zona de Ecovidrio.

A iniciativa, que estará presente durante o día en dous puntos da cidade --en horario de mañá na Praza do Emigrante (11.00-14.00 horas), e en horario de tarde na Rúa Príncipe (17.30-20.30)-- engloba diferentes actividades tanto lúdicas como educativas co obxectivo de transmitir a cidadanía "o importante papel que xogan na cadea de reciclado de vidro".

Desta forma, 'Máis Vigo, Máis Vidro' ofrece un "orixinal espectáculo", segundo os organizadores, a todos os vigueses que desexen achegarse ata a carpa instalada pola asociación, que engloba distintas actividades baixo un mesmo fío condutor, o reciclado dos residuos de envases vidro.

O Mago Noel é o encargado de envolver de maxia a cidade, a través dunha orixinal actuación participativa repleta de trucos, na que o vidro é o auténtico protagonista. Ademais, todos os vigueses están invitados a descubrir a 'Sinfonía do Vidrio, un espectáculo de percusión da man de Odaiko Persussion Group, no que gozar de orixinais composicións, e clases de música participativa, con instrumentos realizados con vidro. Por último, o artista Luis Dávila é o encargado de ofrecer unha sorprendente actuación de arte urbano.

Ademais, tres educadores ambientais informarán os cidadáns de todos os aspectos relacionados co reciclado de este material, aproveitando para resolver todas as dúbidas ao respecto, e recordando que cun xesto tan sinxelo como o de separar as botellas, tarros e frascos usados para depositalos despois nos iglúes, obtéñense "beneficios para o medio, como a redución do consumo de enerxía, o aforro de materias primas e a diminución dos vertedoiros e a contaminación do aire", resaltaron.

A iniciativa visitará o próximo 1 de xuño as localidades pontevedresas do Grove e Sanxenxo, para continuar concienciando á cidadanía sobre a necesidade de reciclar os residuos de envases de vidro.

DATOS

Esta campaña tamén servirá, segundo indicaron os organizadores, para seguir elevando e mellorando os quilogramos de residuos de envases de vidro depositados nos colectores da cidade.

Segundo os últimos datos relativos a 2012, os vigueses reciclaron un total de 2.752.700 quilogramos de vidro, o que supón que cada veciño reciclou unha media de 9,3 quilogramos de vidro durante o pasado ano. Ademais, a cidade conta na actualidade con 628 colectores para o reciclado deste material.

Contenido patrocinado