LUGO 22 May. (EUROPA PRESS) -
O principal imputado na 'Operación Campéon', Jorge Dorribo, e a súa muller, Aveline Fernández, concluíron a súa nova declaración ante a xuíza Estela San José en apenas media hora e abandonaron xa os xulgados de Lugo, momento no que o empresario lucense se limitou a indicar que fora "todo moi ben".
Ambos acudiron a declarar en calidade de imputados en relación a un suposto delito contra a facenda pública nas súas declaracións do IRPF dos exercicios 2010 e 2011. Esta citación respondía ás novas dilixencias solicitadas polo Avogado do Estado en representación da Axencia Estatal da Administración Tributaria.
Sobre as 11.15 horas Dorribo chegara aos xulgados de Lugo só e sen ningunha carpeta con documentación como noutras ocasións. O empresario estaba citado ás 10.00 horas, pero acudira con atraso despois de que o voo do seu avogado procedente de Madrid tivese que ser desviado a Santiago de Compostela ao non poder aterrar na Coruña por forte vento.
Cinco minutos máis tarde que Dorribo chegara aos xulgados a súa muller, que estaba citada media hora despois que o seu marido para declarar tamén por un delito contra a Facenda Pública. Ambos abandonaron xuntos as dependencias xudiciais sobre as 12.00 horas tras a súa declaración ante a xuíza.
(HABERÁ AMPLIACIÓN)