Case 50 municipios e 25.000 sinaturas a favor de prohibir os circos con animais en Galicia

Elefante en Culleredo (A Coruña)
LIBERA
Actualizado: domingo, 28 agosto 2016 18:37

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 Ago. (EUROPA PRESS) -

   Edís das mareas municipalistas, do BNG, do PSdeG e do PP sumáronse ás mocións da Asociación Animalista Libera trasladas aos concellos para impedir a instalación de circos que porten animais, unha campaña que traballa para erradicar un modelo de espectáculo que somete os seres vivos, domésticos ou silvestres en catividade a condicións "degradantes" e "antinaturais", segundo explicou o colectivo.

   Nun comunicado, os animalistas explicaron que lograron ampliar a lista de localidades "libres" desta práctica ata as 49, as cales representan a "máis de 1,3 millóns de habitantes" -- incluíndo as sete grandes cidades -- .

   De feito, Libera inclúe esta formulación nas súas reivindicacións electorais e enviou ás forzas políticas un documento que reclama a prohibición de uso de seres vivos como elefantes, tigres ou hipopótamos.

   Á campaña de Libera acompáñalle unha petición en Change.org que suma "máis de 25.000 rúbricas".