CC OO advirte á conselleira de Sanidade que a situación de urxencias se debe a que "se perderon" traballadores

Actualizado: miércoles, 28 enero 2015 17:37

SANTIAGO DE COMPOSTEla, 28 Ene. (EUROPA PRESS) -

A Federación de Sanidade de CC OO Galicia advertiu de que as explicacións da conselleira Rocío Mosquera contradinse coa realidade" e aseguraron que o "colapso" en servizos de urxencias non se debe á epidemia de gripe, senón a que "se perdeu un 14 por cento de traballadores" nos últimos anos.

O sindicato advertiu de que non se cubriron as xubilacións e de que a contratación é "escasa e precaria", ademais de que non se cubriron todas as baixas de persoal.

"Menos persoal, pero tamén menos servizos", sinalou o secretario xeral de CC OO-Sanidade, Ángel Cameselle, quen sinalou que dende o inicio da "crise que padecen as urxencias" houbo "peches de camas e moitos centros estiveron en mínimos de persoal", polo que "houbo casos en que funcionaron á metade da súa capacidade provocando listas de espera de ata dez días".

A iso, agregou que no mandato de Mosquera "foi suprimido o plan de mellora de atención primaria", de forma que este servizo "non cumpre xa co labor de filtrar pacientes".

"O único que mantén en pé a sanidade galega é a dedicación dos seus profesionais", subliña Cameselle, quen insistiu en pedir a dimisión ou destitución da conselleira e "un cambio de xestión".