Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 08/03/2010 20:00

CC.OO. e UGT negan ter negociado a flexibilidade horaria no naval de Pontevedra e acusan á CIG de apoiala

   VIGO, 8 Mar. (EUROPA PRESS) -

   CC.OO. e UGT negaron hoxe ter negociado coa patronal do naval da provincia de Pontevedra a inclusión dunha bolsa de flexibilidade horaria que permita aos empresarios dispoñer libremente dos traballadores e acusaron á CIG de apoiala na empresa do presidente da Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime), Julio Gómez.

   Nunha rolda de prensa conxunta, os dous sindicatos con presenza minoritaria no sector mantiveron que non se está a modificar o convenio colectivo ratificado o pasado mes de outubro ao abordar a implantación da mencionada bolsa, tal e como denunciou a plataforma nacionalista

   Ao respecto, o voceiro de UGT no sector, Diego Atanes, mantivo que lles "sorprende" esta afirmación, que cualificou de "falsidade", e reiterou que ese punto nunca estivo "sobre a mesa" a pesar de que os empresarios mostrasen o seu desexo a tratalo. Así mesmo, mostrou o rexeitamento das dúas centrais á convocatoria dunha xornada de folga no sector que a CIG convocou para este mércores.

   Pola súa banda, o seu homólogo de CC.OO., Ramón Sarmiento, non só corroborou as palabras do seu compañeiro, senón que desvelou que os cinco delegados sindicais da empresa de Julio Gómez, Vicalsa, todos eles da CIG, asinaron un acordo para habilitar unha bolsa de 300 horas que se manterá vixente o que queda de ano.

   Neste senso, Sarmiento preguntouse como reaccionarán o resto de membros da patronal ao coñecer as prácticas do presidente dunha das organizacións máis importantes do sector e que estas contan co visto bo da plataforma nacionalista.

   Ademais, Atanes considerou que "non é serio" que a CIG propuxese "nos medios" a posibilidade de desconvocar a folga se se pechaba un compromiso sindical de rexeitar a implantación desta bolsa de flexibilidade e pediu que ese tipo de formulación se efectúe de xeito directo e non a través da prensa.

LISTAS DE CONTRATACIÓN

   Igualmente, os representantes de CC.OO. e UGT reiteraron o seu respaldo á fin das listas de contratación existentes ata febreiro, que deron paso á emisión dunha credencial que acreditará os traballadores do sector co obxectivo de regular a incorporación de persoal.

   Atanes asegurou que se trata "dunha pretensión cumprida" que a propia CIG apoiou no seu momento e destacou que estará supervisada pola administración, xa que será o INEM o que proporcione este documento a aqueles operarios que reúnan os requisitos establecidos e existe o compromiso da Inspección de Traballo de velar polo seu cumprimento e aplicación.

   Así mesmo, Sarmiento precisou que "era necesario" rematar coas citadas listas para potenciar a contratación indefinida, que ao seu xuízo "non estaba regulada". Ademais, formulou a necesidade de "limitar" a proliferación de subcontratas "de segundo e terceiro nivel" que incrementaban a precariedade laboral.

SITUACIÓN NO SECTOR

   Por outra banda, Sarmiento recordou que o sector está a atravesar un período cunha carga de traballo "baixa" e prognosticou que nos próximos seis meses "definirase" cantos estaleiros da ría de Vigo seguirán xerando emprego en 2011.

   O responsable de CC.OO. asegurou que "é necesario salvar" todas as instalacións que sexa posible durante está época de escaseza de pedidos porque unha vez que finalice o próximo ano "volverán os picos de fabricación".

   Por último, Sarmiento desvelou que os traballadores do estaleiro M.Cíes --que formaron unha Sociedade Anónima Laboral (SAL) para intentar facerse cargo da compañía, que entrou en suspensión de pagamentos-- están pendentes de coñecer a resposta de dous posibles investidores que están a estudar sumarse ao proxecto. Non obstante, eludiu concretar datos acerca destes socios, xa que esixiron "absoluta discreción".

El vídeo comenzará después de segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
Obama obligará a las aseguradoras a pagar los anticonceptivos de las mujeres Un empleado de Apple confirma varias características del iPad 3 Sobresaliente 'Cum Laude' para la tesis de Camps

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.