SANTIAGO DE COMPOSTELA 17 May. (EUROPA PRESS) -
Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para sumarse á manifestación en defensa do idioma que cada ano convoca a plataforma 'Queremos Galego' con motivo do Día das Letras Galegas.
Baixo o lema 'Non queremos ser estranxeiros na propia patria. Queremos galego!', a marcha a partido pasadas as 12.15 horas da Alameda compostelana, onde o presidente da Mesa e portavoz da plataforma, Carlos Callón, advertiu ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que os cidadáns galegos non están dispostos "a renunciar á súa lingua".
Ademais de Callón, a marcha contou coa presenza de numerosas personalidades da cultura, e coñecidos rostros da política, como o portavoz nacional do BNG, Xabier Vence, quen acudiu acompañado de Bieito Lobeira e Francisco Jorquera, entre outros. Por parte do PSdeG, puidéronse ver a representantes como Abel Losada, Francisco Caamaño, Carmen Gallego ou Laura Seara.
(HABERÁ AMPLIACIÓN)