SANTIAGO DE COMPOSTELA, 18 May. (EUROPA PRESS) -
O Grupo LGTB do PSdeG compostelano, en colaboración coas Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG), celebraron neste sábado en Santiago un recital poético contra "o rexurdir da homofobia" e os recortes da Xunta en materia cultural.
Con motivo das Letras Galegas e o Día Mundial Mundial contra a Homofobia e a Transfobia --ambas son o 17 de maio-- a librería Couceiro acolleu a lectura de poemas de membros da cultura, política e veciños santiagueses, como o editor Henrique Alvarellos, o arquitecto compostelano José Antonio Vázquez Martín, a edil do Grupo Socialista Mercés Rosón, ou o secretario de XSG, Aitor Bouza.
Deste xeito, o responsable do colectivo LGTB da Agrupación Socialista de Santiago, Gonzalo Diz, foi o encargado de conducir o acto baixo o lema 'Letras contra a homofobia', quen denunciou que non son "tempo amables" debido á discriminación por cuestión de orientación, co sometimiento de mulleres ou de "sotanas negras contra o ensino da lingua" galega.
No manifesto "contra a homofobia e a transfobia" dos socialistas galegos denúnciase a discriminación por orientación sexual e reclámase a "despatologización da transexualidad", xa que como recordou Diz, ata hai pouco homosexuais ou bisexuais eran considerados "enfermos mentais".
A xornalista e presidenta de Teenses pola Igualdade, Rosa Gómez Limia, foi a encargada de arrincar as lecturas co poema 'Libremente' de Celso Emilio Ferreiro. Tras ela, unha veintena de persoas leron textos de Rosa Enríquez, Olalla Cociña, Teresa Moure, Rosalía de Castro ou Gonzalo Hermo, entre outros.
"PRIMICIA" DE AURELIO AGUIRRE
No seu toma da palabra, o editor Henrique Alvarellos presentou como "primicia" un poema inédito do poeta romántico Aurelio Aguirre, agora recuperado, chamado 'Improvisación'.
Sobre Aurelio Aguirre --contemporáneo de Rosalía, que faleceu aos 23 anos en San Amaro, segundo crese por suicidio--, dixo Alvarellos que dado o prematuro da súa morte tan só escribiu en castelán e, "se cadra", desenvolvese parte da súa produción en galego no caso de vivir o 'Rexurdimento' en pleno apoxeo --'Cantares galegos' data de 1863, mentres que o poeta faleceu na Coruña en 1858--.
Este poema, que se dado a coñecer por primeira vez este sábado en público, forma parte dos fondos localizados por Alvarellos Editora no Museo da Diputación de Pontevedra, onde se atopou un libro manuscrito con 50 poemas --parte deles inéditos-- de Aurelio Aguirre, datado en 1857, e que leva por título 'Recordos de agosto'.
SUICIDIOS DE MOZOS DISCRIMADOS
Unha das cuestións sobre as que se chamou a atención o manifesto lido este sábado foi "o acoso homofóbico na escola" e, aínda que apuntou Diz, non existen cifras oficiais, estímase que "un de cada tres" novos e adolescentes que se suicidan fano por ser acosados ou discriminados polas súas tendencias sexuais, con casos de "violencia inaguantable".
Por iso, os socialistas galegos fan un chamamento para os lugares educativos sexan "un espazo seguro" para diversidad, de forma que pide implicación das familias e as administracións con programas de prevención contra o acoso ecolar.
Así mesmo, demandan a retirada da Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (Lomce) que "promueve a discriminación por sexo, orientación sexual e identidade de xénero".
PERSECUCIÓN
Así as cousas, o manifesto de 'Letras contra a homofobia' fixo fincapé en que a orientación sexual e a identidade de xénero seguen sendo obxecto de persecución legal en moitos países como pon de manifesto o Informe de ILGA 2012 Homofobia de Estado, que sinala que a homosexualidad está perseguida en 78 países e castigada con pena de morte en Arabia Saudita, Irán, Yemén, Mauritania ou Sudán.
Deste xeito, Gonzalo Diz pechou o acto deste sábado en Santiago cun recordo por todos aqueles "perseguidos, encarcelados e asasinados" por "defender os dereitos humanos".