Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 05/03/2010 16:18
A colisión frontal dun furgón e un turismo rexistrada hoxe no corredor do Morrazo ao seu paso polo municipio de Moaña (Pontevedra) saldouse co condutor do coche falecido e os dous ocupantes do outro vehículo feridos de diversa consideración.
Segundo informou a Guardia Civil de Tráfico de Pontevedra, o sinistro sucedeu sobre as 14.30 horas no quilómetro 8,600 da estrada CG.-4.1, en Moaña.
Na colisión frontal acontecida no corredor do Morrazo víronse implicados un furgón Nissan L35 e un turismo Seat Córdoba, segundo indicaron as mesmas fontes.
Como consecuencia do choque resultou falecido o condutor e único ocupante do turismo, A.R.S., de 47 anos de idade, e feridos de diversa consideración os dous ocupantes do furgón.