A compravenda de vivendas caeu un 27,4% en 2011 en Galicia

Vivienda
Foto: EUROPA PRESS

O descenso alcanzou o 31,97% en decembro do ano pasado, cando se pecharon 1.068 operacións

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 10 Feb. (EUROPA PRESS) -

   A compravenda de vivendas caeu un 27,4% en 2011, con respecto á cifra alcanzada en 2010, en Galicia, ata as 16.390 operacións, co que reverte o resultado do ano pasado, no que as compras creceron un 6%, de acordo cos datos publicados este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

   En toda España, a compravenda de vivendas baixou un 17,7% en 2011 con respecto a 2010, ata un total de 361.831 operacións, das que o 49% realizáronse sobre vivendas novas e o 51% sobre inmobles de segunda man.

   En Galicia, o 62,64% das operacións realizadas foron sobre vivenda nova (10.267), aínda que a compravenda deste tipo de inmoble caeu un 26,89% respecto a 2010. O 37,36% das compras foron sobre vivenda de segunda man (6.123), o que supón un descenso do 28,19%. Ademais, o 91,57% das vivendas transmitidas por compra eran libres e o 8,43% eran protexidas.

   A maiores das vivendas transmitidas por venda, cambiaron de mans 359 por doazón en 2011 (un 17,47% menos que en 2010); 373 por permuta (un 47,17% menos); 5.139 por herdanza (un 4,23% menos) e 10.319 por outras vías (un 5,98% menos).

   De acordo cos datos do instituto estatístico, tamén caeu o total de predios transmitidos o ano pasado na comunidade, ata as 65.883, o que supón un descenso do 17,4%. Destas, 34.298 foron obxecto de compravendas, un 24,7% menos.

   En canto aos terreos rústicos, cambiaron de titular 32.786, un 10,53% máis. Do total, 7.787 foron obxecto de operacións de compravenda, un 4,27% menos que en global de 2010.

   Deste modo, o total de transmisións sobre calquera tipo de terreo, urbano ou rústico, inscritas nos rexistros da propiedade ascenderon a 98.669 en 2011, un 9,83% menos.

DATOS DE DECEMBRO

   Ademais, os datos difundidos polo instituto estatístico indican que en decembro de 2011 caeron un 31,97% as compravendas de vivendas na Comunidade galega, respecto ao mesmo mes de 2010, e se situaron en 1.068.

   O total de vivendas transmitidas por calquera das vías situouse en 2.275, o que representa un 20,12% menos que un ano antes. Ademais, no último mes do ano pasado cambiaron de mans un total de 6.836 terreos rústicos ou urbanos, o que supón unha caída do 18,62%.

DATOS DE ESPAÑA

   A caída da compravenda de vivendas en 2011 en toda España contrasta coa suba do 6,8% experimentada en 2010. É o terceiro ano da crise no redúcense estas operacións, moi afectadas polo estalido da 'burbulla inmobiliaria' e a falta de crédito. Non obstante, os peores anos para estas transaccións foron 2009 e 2008, nos que a compravenda de vivendas se derrubou un 24,9% e un 28,6%, respectivamente.

   En 2011, a compravenda de vivendas novas reduciuse un 19,7% respecto ao ano anterior, ata sumar 177.236 operacións, mentres que a de usadas se contraeu un 15,7%, con 184.595 operacións.

   A maior parte das vivendas transmitidas por compravenda durante o ano pasado, en concreto o 86,7%, foron vivendas libres. En total, a compravenda deste tipo de vivendas baixou un 19,4%, ata 313.637 operacións, en tanto que as operacións sobre vivendas protexidas sumaron 48.194, cun descenso do 4,7%.

   No último mes de 2011, a compravenda de vivendas afondou a súa caída interanual ao 25,3%, tras sumar 23.255 operacións, a segunda cifra máis baixa dende 2007.

   Co descenso de decembro, as compravendas de vivendas sumaron dez meses consecutivos de retrocesos interanuais. En taxa intermensual (decembro sobre novembro de 2011) a compravenda de vivendas descendeu un 15,6%, fronte ao repunte do 22,5% rexistrado en novembro.

ANDALUCÍA, Á CABEZA DAS COMPRAVENDAS DE VIVENDAS.

   En 2011, o maior número de compravendas de vivendas por cada 100.000 habitantes deuse en Cantabria (1.349), La Rioja (1.242) e Comunidade Valenciana (1.174).

   O 60% das compravendas de vivendas efectuadas o ano pasado rexistráronse en Andalucía (72.412 operacións), Madrid (49.194), Comunidade Valenciana (48.198) e Cataluña (47.118).

   As comunidades que realizaron un menor número de compravendas de vivendas durante 2011 foron La Rioja (3.210 operacións), Navarra (4.521), Cantabria (6.528) e Asturias (7.929).

El vídeo comenzará después de 21 segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
El CICR confirma que las FARC liberarán al periodista galo el miércoles Nuevo disco de Bon Jovi a principios de 2013 Hesjedal remonta a 'Purito' y gana el Giro

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.