O Concello da Coruña impulsa un programa de economía social e xestión de residuos

Presentación do Proxecto Economía Social na Coruña
AYUNTAMIENTO DE A CORUÑA
Publicado: lunes, 20 noviembre 2017 17:58

A CORUÑA, 20 Nov. (EUROPA PRESS) -

O Concello da Coruña puxo en marcha un proxecto piloto que vincula a economía social coa xestión de residuos a través da elaboración de bolsas de compra con lonas informativas recicladas.

Na presentación desta iniciativa, a concelleira de Medio Ambiente, María García, explicou que esta iniciativa servirá nunha primeira fase para repartir nos mercados municipais 600 destas bolsas, elaboradas con material empregado en campañas municipais por usuarios e usuarios da Fundación Adcor.

Na presentación, a concelleira indicou que este tipo de iniciativas buscan a sensibilización en materia ambiental para a redución de residuos e o aforro de recursos, ademais de fomentar iniciativas de economía social na cidade e a reutilización de materiais.

Por outra banda, destacou que estas iniciativas de economía social teñen "o valor engadido" de mostrar "o magnífico traballo de ilustradores e ilustradoras da cidade".