Concello de Lugo acusa á Xunta de "sectarismo político" e censura que se "priorice" plantar árbores en Santiago

Actualizado: miércoles, 20 agosto 2014 16:49

LUGO, 20 Ago. (EUROPA PRESS) -

O voceiro do goberno local de Lugo, o socialista Luís Álvarez, cargou con contundencia contra a Xunta, á que acusou de "sectarismo político", e á que afeou que leve "varios anos" sin investir nada na cidade e que non poña freo á deterioración que sofre o barrio chinés, en concreto a Tinería, sobre a que ten abertas diversas actuacións.

"A situación é desastrosa e é desastroso que non se avanzara máis rápido en todo o que son as unidades de intervención entre a Tinería e a rúa Montevideo", lamentou.

Fronte a isto, contrapuxo co que se fai con Santiago e, así, concluíu que, "se un goberno priorizar plantar carballos a rexenerar unha zona urbana situada ao lado da única muralla completa do mundo mundial, ten un problema con esta cidade".

"Estamos a asistir a unha entrega por capítulos do que podería entrar a formar parte xa da historia universal das infamias. Que lle dean todo o que precisa a Santiago de Compostela, parécenos ben, pero ¿como son capaces de ter a desfachatez de sacar esa cantidade de diñeiro que van inverter aí, a última a intermodal de Santiago, e en Lugo non son capaces de rehabilitar uns centos de metros cadrados que son os edificios da Tinería?", denunciou.

Luís Álvarez interpreta que a actitude do Goberno galego obedece a "un sectarismo político sen precedentes, que o pagan todos os cidadáns de Lugo, que "non merecen o estado de abandono da Xunta" para calquera inversión mínima na cidade".

REMANENTES

Álvarez compareceu en rolda de prensa, tras a xunta de goberno local, xunto coa concelleira de economía, Sonia Méndez, que celebrou que, "seis meses despois" de pedir autorización á Xunta sobre os propios remanentes do concello, para dar saída a 450.000 euros para axudas a autónomos se accedera. Con todo, avisou de que o ingreso das axudas non se poderá executar ata principios do próximo ano.

Poderán subscribir a subvención "tódolos autónomos que estean dados de alta en Lugo", e "non hai ningunha limitación máis que a de que ten que crear emprego, contratar unha persoa dun colectivo desfavorecido durante seis meses".

Os fondos repartiranse en función das solicitudes, e fináncianse tanto gastos correntes, como de inversión das empresas ata un 50 por cento do total, que se pode incrementar nun cinco por cento se se trata dun proxecto promovido por unha muller, detallou Sonia Méndez.