O Concello de Santiago non cre que a petición do exxefe de Vendex sobre contratos "teña percorrido"

Actualizado: miércoles, 23 abril 2014 17:35

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 23 Abr. (EUROPA PRESS) -

O concelleiro de Seguridade Cidadá do Concello de Santiago, Luis Bello, con competencias na ORA, considera que a petición realizada polo exxefe de Vendex á xuíza Pilar de Lara para que investigue contratos en Compostela a Setex "non ten recorrido".

Así referiuse Luis Bello, en declaracións aos medios, á petición realizada este martes pola defensa de Gervasio Rolando Rodríguez Acosta, que fose xefe do grupo Vendex, na que insta a xuíza a investigar "irregularidades" na adxudicación a Setex Aparki dos servizos de ORA e grúa en Santiago e que o titular da empresa, Jaime López Aguilar, sexa apartado da acusación particular.

Luis Bello indicou que non coñece "os termos exactos desta solicitude", aínda que afirmou ter "claro" que "non ten ningún percorrido" xudicial e apostou por "deixar traballar á xustiza" para que "faga as indagacións que considere oportunas".

"Se unha empresa, que participou nun concurso e non o gañou, esta é a súa forma de traballar, pois... que siga adiante", sentenciou o concelleiro compostelano.