Conde destaca que o polo industrial ibérico de PSA é unha "boa noticia" para o sector e mellorará a competitividade

FOTO: Condeviza
EUROPA PRESS
Actualizado: miércoles, 28 enero 2015 15:30

O PORRIÑO (PONTEVEDRA), 28 Ene. (EUROPA PRESS) -

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, considerou unha "boa noticia" para o sector da automoción, para Vigo e para Galicia que o director da fábrica de PSA Peugeot Citroën en Vigo, Yann Martin, foi nomeado responsable do novo Polo Industrial Península Ibérico da multinacional.

Así o manifestou este mércores durante unha visita á planta de O Porriño (Pontevedra) da empresa de compoñentes Viza Automoción, tras coñecer que Martin foi nomeado responsable do novo Polo Industrial Península Ibérica que se constituirá o próximo 1 de febreiro e agrupará os centros de produción de Citroën de Vigo, Madrid e Mangualde

"Todo o que signifique traballar na mellora competitiva do grupo é un paso máis na posición competitiva de Citroën e do sector da automoción", destacou Conde, que incidiu en que a agrupación dos centros permitirá mellorar a competitividade ao aproveitar as sinerxías entre as tres plantas situadas na península.

Igualmente, subliñou que este é tamén un paso moi importante na posición que ten Vigo nese polo industrial". "É unha boa noticia tanto para o sector da automoción como particularmente para Galicia e para Vigo", concluíu.