A conselleira de Mar avala a orde do Goberno sobre a sardiña

Rosa Quintana
Foto: EUROPA PRESS
Actualizado: miércoles, 20 agosto 2014 14:03
av2" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

LUGO/SANTIAGO, 20 Ago. (EUROPA PRESS) -

   A conselleira do Mar, Rosa Quintana, avalou que o Goberno central publicara a orde da xestión da sardiña para "poder traballar este ano" e, mentres, "ter a posibilidade de negociar un plan de xestión para o ano que vén", evitando que a Unión Europea impoña os topes de captura.

   En declaracións aos medios, Quintana contestou así ás críticas do deputado do BNG Daniel Rodas, a quen asegurou que se traballou todo o verán no plan da sardiña e a quen recordou que o acordo alcanzado co sector en Galicia se lle trasladou ao Ministerio de Agricultura, a Secretaría de Pesca da cal "valorou".

   Ao respecto, incidiu en que "o único que aconteceu este ano" é que Portugal "se adiantou a España en poñerse a si mesmos" un TAC, polo que o Estado español "tiña que facer unha orde tamén para que se traballase ese ano, para tratar de evitar que a Unión Europa impoña un TAC," que logo podería "como moito" aumentar nun 15 por cento.

   "Pedimos a Rodas que fale co sector, que o acompañe nesta viaxe, e ser capaces de elaborar un plan responsable para a xestión sostible", manifestou Rosa Quintana, quen indicou que dende o século XVI quedou acreditado que a presenza de sardiña é "estacional" e que "hai anos de moita abundancia e anos de pouca, que non significa que se estea a esgotar o recurso".

CRÍTICAS TAMÉN DO PPDEG

   Na mesma liña pronunciouse, a través dun comunicado, o voceiro de Mar do Grupo Parlamentario do PP, José Manuel Balseiro, quen lamentou os "exabruptos" do BNG, ao que acusa de "acordarse da flota galega unha hora nas súas vacacións mentres a conselleira está ao pé do canón todo o verán".

   Acusou a Daniel Rodas de ser "un señor desaparecido ao que se lle ocorreu gastar unha hora das súas vacacións en erixirse o defensor da flota galega", e defendeu a proposta do plan da sardiña e que o ministerio publicase a orde "como medida urxente".

   O BNG reclamou á Consellería de Mar que "force" unha reunión entre as diferentes partes implicadas na pesca da sardiña co obxectivo de revisar a orde publicada polo Goberno central e preguntouse "¿Que fan de festa en festa? ¿De empanada en empanada? ¿De 'caldeirada' en 'caldeirada'"? o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a titular do departamento do ramo, Rosa Quintana, para quen pediu que "sexa destituída" debido á situación que vive o cerco galego.