SANTIAGO DE COMPOSTELA 21 Nov. (EUROPA PRESS) -
O conselleiro de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, Fernando Blanco, asegurou hoxe en Santiago que o posicionamento do Grupo de Ence de trasladar a factoría de Lourizán, en Pontevedra, se obtén concesión eólica "en absoluto condiciona" o concurso eólico.
"É un problema del que, en absoluto, condiciona un concurso", afirmou hoxe Blanco a preguntas dos medios de comunicación despois de que o presidente do Grupo Ence, José Luis Arregui, trasladase onte esta postura.
"Preséntase nun concurso no que hai que valorar os proxectos industriais, os proxectos técnicos, a capacidade económica e outras cuestións", recordou o titulade de Industria e reiterou que a resolución do concurso finalizará antes do 17 de decembro.
"Se reúne os requisitos do concurso ben e, se non, mal", puntualizou o conselleiro. "El -- por Arregui-- pode dicir o que queira dentro da súa responsabilidade e eu farei o que teño que facer", concluíu.