Consello

Feijóo avisa os sindicatos de que a "alternativa" é "negociar" as medidas de axuste e "non se levantar"

Alberto Núñez Feijóo Tras El Consello De La Xunta
Foto: EUROPA PRESS

Pon a disposición de concellos e deputacións as medidas da Xunta, pero avisa de que son os alcaldes os que "deciden"

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 9 Feb. (EUROPA PRESS) -

   O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reiterou este xoves que a "vontade negociadora" do Executivo autonómico en torno ás novas medidas de axuste está "garantida" e dixo "esperar" os sindicatos na mesa de negociación para fixar decisións que "eviten" reducións salariais aos empregados públicos da Comunidade. "A alternativa é negociar, non se levantar", advertiu.

   "Pretendemos finalizar a lexislatura sen reducir as retribucións dos empregados públicos", defendeu o máximo mandatario autonómico na rolda de prensa posterior no Consello da Xunta, na que sinalou que os soldos "xa se reduciron bastante" por decisións "alleas" á Comunidade e que se están a rebaixar noutras autonomías.

   "Valencia non foi capaz, Cataluña non foi capaz e Castilla La Mancha non foi capaz; imos ver se nós somos capaces de que en Galicia non diminúan as retribucións dos empregados públicos", remarcou o presidente, para engadir que, se se logra este reto, se faría "un bo servizo" ás 90.000 familias vinculadas cun emprego no sector público.

   Malia as protestas e ameazas de folga, Feijóo declarouse "convencido" de que haberá sindicatos que estean a avaliar agora "sentar por primeira vez a dialogar e coñecer cáles son as propostas alternativas". "E a proposta alternativa a un texto é a modificación do texto. A proposta alternativa é negociar, non se levantar e negar a negociación", advertiu.

   Dito isto, recoñeceu que "a ninguén lle agrada" que lle modifiquen "unhas condicións laborais concretadas en época de bonanza", pero insistiu en que a Xunta pon sobre a mesa estas medidas para evitar recortes salariais como os aplicados noutras comunidades e confiou en que, tras unha primeira reacción "de rexeitamento", se produzan "outras".

   Do mesmo modo, o presidente explicou que unha vez que se concrete o proxecto "na mesa de negociación", o Goberno autonómico o aprobará e o remitirá ao Parlamento galego, onde seguirá a súa tramitación.

"COMPETENCIA DOS ALCALDES"

   Por outra banda, preguntado por se é partidario de que concellos e deputacións adopten as mesmas medidas de axuste da Xunta, Feijóo insistiu en que o que fai o seu Goberno é "decidir" entre dúas alternativas: "entre manter ou baixar os salarios aos funcionarios" nun contexto económico de dificultades como o que se debuxa para 2012.

   "Eliximos a primeira", ratificou o presidente, quen sinalou que "por suposto" estas medidas están "a disposición" dos municipios e deputacións, aínda que constatou que son os alcaldes os que deciden no ámbito das súas competencias se un determinado instrumento "pode ser ou non útil".

   Por último, avanzou que o próximo luns se reunirá co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), José Manuel Rey Varela, e aproveitará para coñecer a opinión do municipalismo galego.

El vídeo comenzará después de 21 segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
El CICR confirma que las FARC liberarán al periodista galo el miércoles Nuevo disco de Bon Jovi a principios de 2013 Hesjedal remonta a 'Purito' y gana el Giro

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.