Consello

Feijóo "respecta" as propostas da CEG, aínda que as que avala a Xunta "son as que leva ao consello"

El Presidente Alberto Núñez Feijóo Tras El Consello
Foto: EUROPA PRESS

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 9 Feb. (EUROPA PRESS) -

   O presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que "agradece e respecta" as propostas da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), pero matizou que as únicas medidas que avala o seu Executivo son as que leva cada xoves ao Consello da Xunta e as que frutifican nos acordos do diálogo social.

   Tras a reunión semanal do Consello, preguntado por se comparte as propostas da patronal galega en relación a introducir o copagamento sanitario e estudar a supresión de servizos públicos "prescindibles", Feijóo replicou que "escoita" propostas da CEG, como recibe as de sindicatos, colexios profesionais ou outras asociacións.

   "O Goberno ás veces compárteas, outras compárteas menos e outras, nada", esgrimiu o presidente, para engadir que, tras escoitar, o seu Executivo "gobernará" e matizar que as medidas "compartidas" son as que figuran nos 29 acordos do diálogo social alcanzados na Comunidade.

   A partir de aí, mostrouse disposto a seguir "negociando e traballando". De feito, asegurou que "ten que haber propostas positivas" entre as que os empresarios puxeron sobre a mesa e sinalou que propoñen, entre outras cousas, unha redución de gasto público e un aumento da inversión, ou elevar as taxas e baixar impostos.

   Outras "cuestións lexítimas" para a patronal que, segundo Núñez Feijóo, inclúen no documento, pasan pola "supresión ou polo menos a concreción de competencias" das deputacións, unha petición que --recordou-- tamén formulan formacións políticas como o BNG.

   Neste punto, agradeceu o documento que, puntualizou, "está presentado" ao Goberno galego "dende hai mes e medio" e concluíu que as propostas que avala o seu Executivo son as que leva á reunión semanal do seu equipo para a súa análise e aprobación.

El vídeo comenzará después de 21 segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
El CICR confirma que las FARC liberarán al periodista galo el miércoles Nuevo disco de Bon Jovi a principios de 2013 Hesjedal remonta a 'Purito' y gana el Giro

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.