MADRID 9 Feb. (EUROPA PRESS) -
O Consello de Ministros prevé aprobar mañá a licitación do contrato de obras de construción do tramo do AVE galego comprendido entre Vigo e Soutomaior, que supón unha inversión de 60 millóns de euros, segundo anunciou a ministra de Fomento, Ana Pastor.
Trátase dun tramo tecnicamente moi complexo que inclúe a construción da ponte sobre o río Ulla, unha infraestrutura que, segundo explicou a ministra, estaba parada porque requiría dunha modificación do proxecto "que non se autorizara".
Durante a súa primeira comparecencia no Congreso, a titular de Fomento reiterou que nas próximas semanas se adxudicarán as obras doutros catro tramo deste AVE que, xunto aos contratados esta semana, supón un importe de case 1.000 millóns de euros.
En canto aos prazos de posta en servizo para todo o corredor AVE a Galicia, Pastor limitouse a indicar que se porá en explotación "cando se paguen os 8.517 millóns de euros" que, segundo asegura, que se require inverter para rematar a súa construción.