Consello

A nova lei de telecomunicacións obrigará a dotar edificios e estradas de canalizacións para as redes

Reunión Del Consello De La Xunta
Foto: XUNTA

Os servizos de telecomunicacións serán de obrigada inserción dentro da planificación urbanística, como agora a é a luz ou a auga

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 9 Feb. (EUROPA PRESS) -

   A futura Lei de impulso e ordenación das telecomunicacións de Galicia obrigará a dotar edificios e estradas das canalizacións necesarias para estas redes co fin de "blindar a condición de servizo público" das telecomunicacións en Galicia.

   Así manifestouno o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao termo da reunión semanal do seu Goberno, na que o Consello foi informado do anteproxecto desta norma que axilizará e facilitarán o "despregamento ordenado de infraestruturas de telecomunicacións en todo o territorio de forma homoxénea, harmónica e respectuosa co ambiente".

   O mandatario galego sinalou que, seguindo o calendario lexislativo, esta é "a primeira lei de telecomunicacións que presenta o Goberno galego en 30 anos de autonomía" e que será remitida ao Consello Económico e Social (CES) con "carácter inmediato".

   Deste xeito, a futura lei, que impulsará un sector que supón un conglomerado de 1.500 empresas e 13.000 traballadores, sustentarase na coordinación, a planificación e a anticipación como os "tres instrumentos clave" para o desenvolvemento das novas tecnoloxías en Galicia.

   "Unha maior coordinación á que obriga un asunto de país como é a extensión das tecnoloxías; unha maior planificación que necesaria para chegar á inmensa maioría dos fogares e das empresas galegas; e unha maior anticipación para que todo o que fagamos a partir de agora, público ou privado, estea preparado para as tecnoloxías", apuntou Feijóo.

COORDINAR AXENTES PÚBLICOS E PRIVADOS

   En concreto, unha das principais medidas recollidas nesta lei é o desenvolvemento dun plan sectorial das infraestrutura de telecomunicación en Galicia, que permitirá establecer os criterios que seguirán a Xunta e os concellos na planificación do territorio, "convertendo os servizos de telecomunicacións nun elemento máis da planificación urbanística de modo similar á luz e á auga".

   Así mesmo, entre outras cuestións, a norma obrigará os operadores a compartir as súas infraestruturas para o despregamento de redes de telecomunicación, o que contribuirá a unha implantación ordenada e eficiente das infraestruturas e ao fomento da competencia.

OBRAS, EDIFICIOS PÚBLICOS E VIVENDAS

   Por outra banda, a norma regula a previsión de infraestruturas de telecomunicacións nos novos edificios públicos autonómicos así como a interconexión destes ás redes públicas electrónicas existentes.

   Isto, segundo apuntou a Xunta, garantirá o acceso ao servizo de telecomunicación de todos os centros públicos e reducirá o custo que suporía implantar solucións con posterioridade.

   Ademais, proverase a inclusión de infraestruturas de telecomunicacións en proxectos de obra pública --estradas ou redes de abastecemento de auga-- de maneira que, en paralelo á realización destas obras, se dispoñan canalizacións e espazos que poidan ser empregados por operadores, públicos e privados.

MEDIO E REDE DE EMERXENCIAS

   Por último, a Administración galega sinalou que a importancia de asegurar máximo respecto nos ámbitos protexidos se verá reflectida co establecemento de normas de protección ambiental e cultural que permitan levar a cabo en zonas protexidas garantindo o respecto ao ámbito.

   Tamén se establece a obriga de que a futura rede dixital de seguridade de emerxencias da Xunta de Galicia sexa de uso obrigatorio por todos os organismos autonómicos que o necesiten.

El vídeo comenzará después de 21 segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
El CICR confirma que las FARC liberarán al periodista galo el miércoles Nuevo disco de Bon Jovi a principios de 2013 Hesjedal remonta a 'Purito' y gana el Giro

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.