Continúa sen novidades a busca do ferrolano desaparecido en Santiago

Brais Bogo Grana, joven desaparecido en Santiago foto actualizada
REMITIDA
Actualizado: sábado, 26 marzo 2016 17:31

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26 Mar. (EUROPA PRESS) -

   A busca do mozo de 24 anos desaparecido o venres 18 de marzo en Santiago de Compostela, Brais Bogo Graña, continúa este sábado sen novidades que permitan determinar o paradoiro do ferrolano.

   Segundo explicou a Europa Press unha amiga do desaparecido, aínda que polo momento non hai pistas que poidan axudar a dar co mozo, a Policía Nacional continúa coas investigacións para dar con el.

   Así mesmo, sinalou que a familia e amigos esperan convocar unha busca "o antes posible" tras cancelarse a prevista para o pasado xoves por problemas para a súa organización.

   Os achegados ao novo desaparecido pediron que aquelas persoas que teñan algunha información sobre o mozo que se poñan en contacto coa Policía por teléfono e que utilicen o 'hashtag' #BuscamosABrais, que foi habilitado para as redes sociais, para "poder chegar a un maior número de persoas".

   A última vez que se viu a Brais Vogo foi na tarde do 18 de marzo en Santiago de Compostela, onde compaxina o seu traballo cos seus estudios de Bioloxía, aínda que o mozo é orixinario de Ferrol.

   Dende entón, o móbil de Brais, que debía viaxar o sábado á súa cidade natal, permanece desactivado, e a súa documentación foi localizada no seu domicilio da capital galega.