Continúa sen resultados a busca do desaparecido no Pino

Octoxenario desaparecido no Pino
GUARDIA CIVIL
Publicado 13/07/2018 10:24:59CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 13 Jul. (EUROPA PRESS) -

A Garda Civil continúa coordinando este venres a busca do octoxenario desaparecido no Pino (A Coruña) e do que non se ten noticias desde hai unha semana. Nesta xornada, as buscas centraranse en áreas máis específicas que o home frecuentaba.

José Beis Gómez, coñecido como Pepe de Beis, desapareceu o pasado venres da parroquia de Astrar, en Arca (O Pino), onde reside. O home ten 86 anos, está parcialmente calvo e ten un vulto no lateral da cabeza.

Ademais, ten dificultades para camiñar e adoita utilizar dous bastóns. A roupa que vestía no momento da súa desaparición pode ser escura ou gris.

Despois dunha semana de procura que non arroxou polo momento ningún resultado sobre o paradoiro do home, fontes da Garda Civil confirmaron a Europa Press que este venres as labores realizaranse de forma "máis selectiva", gastando os "últimos cartuchos" en revisar a conciencia áreas nas que o home adoitaba moverse.

Contador