Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 03/09/2010 17:44
Os servizos de extinción de incendios continúan traballando para apagar por completo as lapas nos lumes de Laza --o maior do verán, con 1.715 hectáreas queimadas, segundo as estimacións-- , Chandrexa de Queixa e Castrelo do Val-A Gudiña, todos eles na provincia de Ourense.
Fontes da Consellería de Medio Rural, confirmaron que os tres lumes seguen controlados, aínda que non extinguidos, e que os labores proseguen sobre o terreo.
Así mesmo, indicou que non se declarou ningún novo incendio forestal nas últimas horas en Galicia que supere as 20 hectáreas, superficie por enriba da cal o Goberno galego informa.