Incendio forestal en Oia
Foto: EUROPA PRESS
Actualizado: martes, 29 julio 2014 11:25
av2" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 29 Jul. (EUROPA PRESS) -

   A Consellería do Medio Rural deu por controlado un incendio forestal rexistrado na madrugada deste martes no concello coruñés de Lousame e que queimou unhas 20 hectáreas.

   Segundo explicou o departamento autonómico, o lume comezou ás 3.50 horas deste martes na parroquia de Tállara, en Lousame, e foi controlado en torno ás 8.40 horas da mañá.

   Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada rolda as 20 hectáreas. Nos labores de extinción participan dous axentes forestais, oito brigadas, nove motobombas, unha pa e tres grumires.