O corpo achado nun pozo en Amoeiro (Ourense) corresponde ao home desaparecido dun centro de maiores

Actualizado: viernes, 31 julio 2015 20:25

OURENSE, 31 Jul. (EUROPA PRESS) -

O corpo achado nun pozo en Amoeiro corresponde ao home desaparecido dun centro de maiores deste municipio ourensano, segundo confirmaron fontes policiais ao CAE 112 Galicia.

En concreto, foron efectivos do GES de Ribadavia e de Protección de Amoeiro os que recuperaron o cadáver do home do interior do pozo, situado preto do pobo de Codesada, arredor das 11,00 horas.

Segundo sinalou o 112 Galicia, o home que estaba desaparecido dende as 17,00 horas do xoves, padecía desequilibrios mentais.

O persoal da residencia na que vivía alertou do suceso aos servizos de emerxencia, que puxeron en marcha un operativo de busca no que participaron os axentes da Garda Civil de Tráfico e efectivos de Protección Civil.