O corpo do operario falecido en Carral (A Coruña) tardou catro horas en ser recuperado ao quedar atrapado

Actualizado: viernes, 22 agosto 2014 19:53

A CORUÑA, 22 Ago. (EUROPA PRESS) -

Un operario faleceu este venres nunha granxa avícola no municipio coruñés de Carral tras sufrir un accidente coa empacadora que manexaba. O corpo, que quedou atrapado, tardou catro horas en ser recuperado.

Un particular alertou, sobre as 12,30 horas, á Central de Emerxencias 112 de que o operario sufrira un accidente e estaba atrapado na máquina.

O corpo foi recuperado ás 16,30 horas, para o que foi necesaria a participación de instrumental e persoal técnico especializado.

No dispositivo que foi activado pola central de coordinación tamén foron alertados medios de Urxencias Médicas, Garda Civil e Protección Civil.