O CSIC constata que os residuos do millo conteñen cantidades de azucre para producir enerxía alternativa

El CSIC Constata El Potencial De Los Residuos De Maíz Como Fuente De Energía Lim
EUROPA PRESS/CESGA
Actualizado: lunes, 31 marzo 2014 14:55

En Galicia xéranse "ao redor de 100.000 toneladas de restos de millo"

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 31 Mar. (EUROPA PRESS) -

Os científicos da Misión Biolóxica en Galicia (MBG), dependente do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC), constataron que a taxa de produción de etanol dos residuos de 25 variedades de millo doce e en gran, conteñen cantidades de azucre que fan viable a súa explotación para usos enerxéticos. Así, os residuos de millo servirían como unha alternativa ao carbón e ao petróleo.

Nun comunicado, o CSIC indicou que o primeiro obxectivo desta investigación era determinar a cantidade de etanol que se podía obter a partir de restos de colleita de millo doce e en gran.

O xefe do Grupo de Xenética e Mellora de Millo da MBG, Amando Ordás Pérez, sinalou que "é necesario indagar en novas fontes" de enerxía alternativas como os biocombustibles, xa que os combustibles fósiles presentan "inconvenientes" pola súa natureza "non renovable e a súa contaminación".

O estudio consistiu en plantar na provincia de Pontevedra 25 variedades autóctonas e comerciais de millo para realizar análises químicas e, así, calcular os litros de etanol por hectárea que se obterían das restrebas.

O investigador principal deste estudio, Bernardo Ordás López, subliñou que os datos "avalan o uso destes residuos como nova fonte de enerxía". Ademais, o centro investigador destacou que en Galicia se xeran "ao redor de 100.000 toneladas de restos de millo" por ano e no resto de España arredor "de catro millóns".

Por outra banda, os científicos do CSIC tamén avaliaron o potencial de variedades locais de millo como materia prima para a combustión. Estes resultados mostraron que os restos do cultivo destas variedades se poden empregar para producir calor ou electricidade en plantas de biomasa, destacou o centro investigador.

CULTIVO PARA DOBRE USO

Neste sentido, Bernardo Ordás sinalou que o millo "pode cultivarse para un dobre uso". "O gran para o alimento e a biomasa vexetativa para a enerxía", indicou o investigador.

Así mesmo, considerou que estes resultados abren "novas posibilidades" de uso para os restos de colleitas que poderían "xerar novas industrias e postos de traballo no medio rural".

Neste sentido, os científicos do CSIC continúan traballando no desenvolvemento de variedades galegas óptimas para o aproveitamento enerxético e a avaliación do impacto que pode ter no chan a eliminación dos restos do cultivo.