Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 09/02/2010 14:38

Currás ve "pobre" o avance en fiscalidade verde da Lei de Economía Sostible e anima ás CC.AA. a explorar esta vía

   A conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, considerou hoxe "moi pobre" o avance en materia de fiscalidade verde --impostos por desenvolver actividades contaminantes ou con impacto sobre o medio ambiente-- do anteproxecto do Lei de Economía Sostible presentado polo Goberno central e animou, por iso, ás comunidades a "explorar" esta vía.

   Para a titular de Facenda, o "realmente destacable" deste proxecto lexislativo é a "ausencia de actuacións realmente vinculadas á economía sostible", entre as que se referiu a este tipo de impostos. "Tal vez debamos explotar as comunidades esta vía", afirmou, durante a súa intervención na inauguración dun foro sobre novidades fiscais organizado pola Asociación para o Progreso da Dirección (APD).

   Fernández Currás fixo referencia a que a actual é unha época de "hiperactividade" fiscal, que dificulta o seguimento das novidades que se producen e leva a un sistema "moi complicado, tremendamente cambiante e moi esixente". "Parece que o único instrumento que temos é o imposto, que se usa con profusión", analizou e criticou, en concreto, as rebaixas "irresponsables" que se fan con fins electorais. Non obstante, prodúcense subidas "cando o déficit afoga".

   Isto "non contribúe a xerar seguridade xurídica", advertiu e apostou, por a contra, por un sistema fiscal "estable, previsible e eficiente". Neste sentido, agregou que as medidas fiscais conxunturais "deben tomarse con precaución" e prever tamén os seus "efectos non desexados".

SUBA DO IVE

   Así, a suba do IVE anunciada polo Goberno central, dixo, afectará "previsiblemente" ao consumo. O axuste fiscal, defendeu, debe facerse pola vía dos gastos non financeiros, que tamén terán que asumir as comunidades, así como as entidades locais, que "deben ser máis eficientes".

   O Estado, proseguiu Fernández Currás, prevé un incremento por impostos de 11.000 millóns de euros para 2010 e un obxectivo de estabilidade do 8,1 por cento de déficit para o conxunto das administracións públicas, dous obxectivos "difíciles de conseguir", pois o déficit pechará "previsiblemente" 2009 no 11,5 por cento.

   Neste contexto, expuxo, se non se reduce o gasto público, o endebedamento seguirá crecendo e podería haber unha nova suba do IVE, na que non descartou chegar ao 21 por cento.

El vídeo comenzará después de segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
Obama obligará a las aseguradoras a pagar los anticonceptivos de las mujeres Un empleado de Apple confirma varias características del iPad 3 Sobresaliente 'Cum Laude' para la tesis de Camps

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.