Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 16/03/2010 10:28
Debate

Feijóo arranca fixándose o reto de "revalorizar a política" e deseñar un plan estratéxico contra a crise

   O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acaba de arrancar o pleno de política xeral, que se celebra entre hoxe e mañá no Pazo do Hórreo, fixándose o reto de "revalorizar a política" e deseñar "un plan estratéxico" que sitúe a Comunidade galega "na mellor posición" para saír da crise. "Non creo nunha Galicia improvisada", asegurou nada máis comezar.

   O que constitúe o primeiro Debate sobre o Estado da Autonomía para Alberto Núñez Feijóo viño precedido da toma de posesión do seu escano da deputada socialista María del Carmen Cajide Hervés, que prometeu o seu cargo. A parlamentaria socialista, que xa era membro do hemiciclo a pasada lexislatura, substitúe o ex presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño, que renunciou ao seu escano o pasado mércores.

   Durante os primeiros minutos da súa intervención, o máximo mandatario autonómico afirmou que o "contrato con Galicia se está a cumprir" e certificou que conta cun Goberno que "traballa" para que a comunidade protagonice a súa "segunda modernización", cun "futuro financeiro" e a "ordenación do seu territorio".

   Ademais, os primeiros retallos do seu discurso amentaron a "austeridade" do seu goberno e a "busca da cordialidade" lingüística do Executivo autonómico, fronte ao anterior goberno. Alberto Núñez Feijóo comezou a súa intervención cunha cita de Vicente Risco para certificar que Galicia "é un mundo, en hondura e identidade, é tan grande como queiras" e saudando os galegos do interior e emigración.

El vídeo comenzará después de segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
Obama obligará a las aseguradoras a pagar los anticonceptivos de las mujeres Un empleado de Apple confirma varias características del iPad 3 Anonymous ataca las web de la CIA y del Gobierno de Alabama

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.