Analizan os movementos bancarios dos dous desaparecidos en Outes e Noia

Actualizado: lunes, 12 octubre 2015 17:53

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 12 Oct. (EUROPA PRESS) -

   O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, confirmou este luns que os investigadores están a analizar os movementos bancarios da muller de Outes e do home de Noia desaparecidos dende o xoves.

   En declaracións aos medios tras asistir aos acto de celebración do Día da Hispanidad, Villanueva fixo fincapé en que tamén se está a tratar de determinar se existe relación entre as dúas desaparicións, en municipios limítrofes da provincia da Coruña.

   "O único do que temos constancia é de dúas denuncias por separado, de dous maiores de idade", agregou o representante do Goberno na nosa comunidade.

   Segundo explicaron a Europa Press fontes próximas á investigación, os desaparecidos son Mónica París, de 31 anos de idade e con dous fillos menores, e Francisco, tamén de mediana idade. Ambos os dous faltan dende o pasado mércores 7 de outubro, pero non foi ata o día seguinte cando os familiares de ambos os dous denunciaron a súa desaparición.

   De momento, a Garda Civil localizou na noiesa praia de Testal o coche de Mónica, pero, de momento, non ten información sobre o seu paradoiro. Pola súa banda, o automóbil do home de Noia non apareceu.