Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 03/09/2010 17:49

Detido un home en Ferrol por roubar en supermercados e ameazar os empregados cun coitelo e un machado

   A Policía Nacional detivo a A.P.M.R., veciño de Ferrol e con 32 anos, como suposto coautor de roubos con violencia en tres establecementos da cidade nos que intimidou aos dependentes cun coitelo, un machado e un desaparafusador.

   Segundo fontes policiais, o detido é irmán doutro delincuente habitual, A.M.P.R., que xa ingresou en prisión como responsable de varios roubos con violencia cometidos durante o mes de agosto.

   Os dous irmáns están acusados de atracar unha pizzaría da rúa Venezuela o 23 de agosto. A.M.P.R. ameazou unha das empregadas cun coitelo que o colocou baixo o colo, e logrou roubar 500 euros do caixón da recadación. O seu irmán esperábao nun coche roubado, co que fuxiron do lugar.

   A Policía Nacional tamén imputa aos dous irmáns o atraco cometido o 24 de agosto nun supermercado da praza de Santo Amaro, acontecido pouco antes das tres da tarde. Neste caso, os dous implicados entraron no establecemento co rostro cuberto e cun machado coa que romperon a caixa rexistradora, que contiña 240 euros, e ameazaron unha empregada.

   Ao detido A.P.R. impútaselle tamén outro roubo nun supermercado da rúa Uruguai, o pasado 18 de agosto. O mozo entrou no local coa cara cuberta cunha bolsa de plástico e cun desaparafusador na man co que ameazou a empregada.

   Segundo a Policía Nacional, as investigacións continúan abertas, para tratar de esclarecer se o detido puidese estar implicado noutros feitos delituosos.

   Por outra banda, a Policía Nacional detivo un ferrolano de 37 anos de idade, C.H.R., como suposto autor do roubo de perfumes, valorados en 160 euros, e zapatillas deportivas (400 euros).

   Nun local da rúa Dolores, arrancou os precintos das caixas de dous frascos de perfumes e saíu do local. Na tenda de material deportivo, probouse unhas zapatillas e escapou con elas postas. Ao día seguinte, regresou ao mesmo establecemento e cambiou o calzado que levaba por outro novo, ademais de roubar dous pares de zapatillas deportivas máis.

   Tras ser identificado pola Policía Nacional, foi posto a disposición xudicial.

El vídeo comenzará después de segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
Un empleado de Apple confirma varias características del iPad 3 La ola de frío se agudizará el fin de semana Sobresaliente 'Cum Laude' para la tesis de Camps

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.